Lagoa e lago de La Baña

Data: 25 de marzo de 2016
Lugar: La Baña (León)
Lonxitude: 5 km
Desnivel acumulado: 300 metros
Dificultade: Fácil 
Track: Wikiloc

Laguna de La Baña
O día seguinte á subida a Pena Trevinca (ver aquí), os nosos corpos quería descanso, así que decidimos visitar o lago e a lagoa de La Baña, xa que o camiño que chega ata eles é sinxelo, curto e sen moito desnivel.

Como fan absoluta dos lagos, lagoas, pozos, e todo canto se lle pareza (de montaña, claro!), non podía deixar escapar a oportunidade de visitar os da zona de La Baña. Unha vez máis comezamos a ruta dende unha enorme explotación de pizarra onde deixamos o coche, pero por sorte, ao enganchar o sendeiro que leva ata o lago, a paisaxe cambia rápidamente e comezamos a alegrar a vista.


Os acivros bordeaban o sendeiro, un arbusto que nos chama moito a atención.


Tras kilómetro e medio, atopámonos en primeiro lugar coa lagoa. Esperabamos algo máis modesto pero, como se pode observar, aínda é bastante xeitosa! E a estampa co circo glaciar ao fondo é unha marabilla.


Continuámolo camiño cara o lago. Para iso, e sempre pola marxe esquerda, temos que salvar unha especie de "muro" que separa o lago da lagoa, e que supón menos dun kilómetro de distancia.


Non era gran cousa, unha pequena subida, pero eu tiña resaca de Pena Trevinca.


Unha ollada atrás, e dende aquí a lagoa que acababamos de visitar engaña co seu tamaño: parece un pequeno pozo! E máis ao fondo, tamén podemos observar as explotacións de pizarra que abundan na zona.


Aquí o fenómeno, que non se pode resistir a subir a todo canto pedrolo atopa. Este era ben curioso, tiña forma de tronco.


Xa chegando ao lago, estraña sensación a de ver os picos nevados por onde andiveramos a xornada anterior. Que contraste entre os dous días!


 A auga en calma total daba pé a un magnifico reflexo das montañas no lago.


E xa ao carón do lago de La Baña. Como me flipan!


A nós tíñanos un aire canadian esta zona.


A unha altura de 1.380 metros, e aos pés de montes de máis de 2.000.


O circo glaciar que pecha o lago. Supoñemos que noutra época do ano éste chega a cubrir toda esa parte na que nos atopamos na seguinte foto.


Logo de xantar nunhas mesas de madeira xunto a lagoa, e dunha pequena siesta tirados na herba, volvemos de volta.
Antes de atoparnos de novo coas canteiras, botamos un último vistazo ao val. Espectacular!


Un día tranquilo, un paseo moi agradecido e un sitio que, se andas pola zona de Encinedo, vale a pena visitar.
Deixo información do lago dunha páxina moi interesante sobre fauna, flora, orografía, etc, neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario