Praia de Areas Negras (Teixidelo) - Alto dos Cantís

Data: 8 de outubro de 2016
Lugar: Serra da Capelada (Cedeira)
Lonxitude: 12 km
Desnivel acumulado: 680 metros
Dificultade: Medio - Fácil
Track: Wikiloc

Praia de Teixidelo ou Areas Negras
A idea de facer esta ruta ata a praia de Teixidelo xurdiu a raíz do vídeo que publicaron en La Voz de Galicia sobre esta praia de Areas Negras e que podedes ver aquí. O certo é que está moi currado, e a nós meteunos as ganas.

Así que aló fomos, á Serra da Capelada.
Comezamos a ruta no Miradoiro do Cruceiro, dende onde xa puidemos observar parte das vistas que nos acompañan durante todo o traxecto.


Dende alí, iniciamos o descenso ata as praias. Descendemos por unha pequena pista asfaltada, onde temos que amañárnolas para saltar un pechado. E logo xa por un cómodo camiño que salva bastante desnivel.



Léramos noutras recensións que a baixada ata a praia de Teixedelo conlevaba certo risco, incluso vimos unha noticia na que recomendaban non baixar sen guía.
Sinceramente, se lle queren dar traballo ao guía local que busquen outra escusa: BAIXAR ATA ALÍ NON TEN NINGUNHA COMPLICACIÓN.


O camiño remata nunha camposiña case ao pé do mar. Á esquerda observamos o Illote Gabeira. A orografía do terreno non deixaba de sorprendernos.


Dirixímonos entón cara a esquerda, para visitar a fervenza de Teixidelo. O camiño estaba moi ben marcado e seguía sen presentarnos problemas de ningún tipo.


E entón vimos esta cresta que se metía no mar e non puidemos evitar achegarnos.


Con moito tino (pero como sempre, vaia!), contemplamos como o mar rompe con forza.


E a perspectiva cara a terra, cos cantís levantándose ante nós... Aínda máis impresionante.


E aquí o fail do día. Logo duns meses secos, secos, non había fervenza! Tan só se adiviña por onde cae.


O descenso ata a praia da fervenza había que facelo con coidado xa que as pedras era algo esvaradías.


Comezamos a desfacer o camiño para dirixirnos cara as praias de areas negras. Abrese camiño un raio de sol que nos alegra as vistas.


Cara atrás vai quedando o illote de Gabeira e a zona da fervenza.


A altura dos cantís apréciase máis dende abaixo que no alto, estamos entre as altas ladeiras e a mallante.


A marea estaba a media altura e baixando, pero quizáis esta zona sexa perigosa coa marea alta se hai mar picada.


Tamén son célebres os restos deste barco de ferro. A maioría dos anacos non son máis que astillas, pero aínda quedan algunhas partes de gran tamaño.


Avanzamos un cachiño pola beira do mar, que forma un canchal que recorda aos de zonas de alta montaña.


E chegamos á praia de Teixidelo, famosa pola súa area negra. Din que é a única de europa con area negra non volcánica, pero a nós aínda nos facía máis chiste se o fora.


E quizáis sexa porque a marea non está baixa, pero nós temos un concepto distinto do que é a "area".


A ladeira afrouxa un pouco neste punto, e é por onde se comeza a ascender. Este é o único tramo do roteiro que presenta algo de dificultade ao transitar fora de sendeiro, por unha ladeira de herba e bloques, pero tampouco é nada do outro mundo e non fai falla usar as mans.


E así, aos pouco, ímonos achegando ao camiño marcado, por onde baixamos.


E ascender implica volver a gozar das vistas dos cantís.


Por zonas, as ladeiras aproxíamnse moito a vertical, e compre andar amodiño.


Chegamos a outra camposiña colgada no avismo. Facemos moitas paradas en cada punto para gritar aquelo de "que Lost é esto". Aqui recuperamos o sendeiro marcado e refacemos o camiño ata o Miradoiro do Cruceiro.


Chegados ao Miradoiro, punto de inicio, poñemos fin á primeira parte do roteiro, que ben xustifica a saída. Pero como queriamos máis, partimos dende alí cara o alto dos cantís.

Esta foto está quitada a volta, pero vale para facerse unha idea do percorrido, que pisa asfalto durante un bo tramo (de feito pódese ir perfectamente en coche).


O camiño ata aqui non ten nada que ver coa parte baixa da ruta, que nos maravillou, pero esta fin ben o merece.


Os cantís da Capelada en todo o seu esplendor! Tiñamos intención de chegar ata Garita Herbeira, de feito non quedamos moi lonxe, pero o fortísimo vento que sopraba fíxonos desistir polo molesto que era estar na parte alta.



A fin de contas, o roteiro podería dividirse en dous. Unha primeira parte que só sabemos definir como puto amazing e unha segunda que xa é moito menos salvaxe, pero que nos leva ao cumio da Capelada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario