Ruta polo canón do Eume

Data: 07 de novembro 2015
Lugar: Monfero - A Capela (A Coruña)
Lonxitude: 8,80 km
Desnivel acumulado: 360 metros
Dificultade: Media
Track: wikiloc

Canón do río Eume
As Fragas do Eume é un dos seis parques naturais de Galicia, e tamén unha visita obrigada para todo bo galego, así que alá fomos a pasar unha fin de semana. Fixemos dúas rutas pola zona, acompañados por Pedro e Tania (a.k.a. PeTa). Unha boa expedición! Para o primeiro día, eliximos o roteiro máis complicado, tecnicamente falando: o que percorre o canón do río Eume ata a central da Ventureira.

Cómpre avisar que non é recomendable para xente con vértigo ou con sensibilidade ás alturas, posto que boa parte do camiño é moi estreito e con caída a un dos lados.
Comezamos a ruta na aldea de Teixido, descendendo por un bosque onde atoparemos restos de antigos muíños.



Unha vez na marxe esquerda do canón, percorrémolo río arriba ata a antiga Central da Ventureira. O camiño presenta distintos trazados: por cachos discorre por antigos canais, outra veces temos parede nun lado e caída polo outro.




Xa chegando á central da Ventureira atopámonos cun dos puntos conflitivos do roteiro, onde un cable nos serve de axuda. Aínda que é menos perigoso do que poida parecer sempre que, repito, non se lle teña fobia ás alturas. Senón, medio se pode tomar a risas, coma nós.



E por fin baixamos ata a beira do río, xa ao pé da central.
Aquí collemos unhas escaleiras que suben ata o encoro. Non chegamos a contalas, pero só nese treito debemos salvar uns 200 metros de desnivel...



Unha vez arriba, un descansiño mentres contemplamos as vistas.


Tan só nos quedaba unha última subida, e a que sería tamén a máis complicada, xa que tiña certos pasos onde había que botar as mans para subir, coa terra mollada e resbaladiza. Atopámonos un par de cordas que serven de bo apoio.
Pasado ese punto, só quedaba chairear pola parte alta.


O mirador de Teixido, dende onde de pode apreciar parte do canón do río Eume, o seu encoro e as fragas que o rodean.


E xa na parte final, dende o mirador continuamos o sendeiro ata chegar de novo á aldea de Teixido.


P.D. Algún día contaremos a outra parte desta historia ;P





Ningún comentario:

Publicar un comentario